Lodeiro – Ribasaltas, s/n, 27410, Monforte de Lemos (Lugo) 982 182 540
Filosofía e Método

A liña de traballo que perseguimos en VIDA consiste en situar á persoa no centro, respectando as súas decisións, preferencias e opcións persoais. 

Valorando, primeiro, ó individuo como membro de pleno dereito na sociedade, concedéndolle voz e elaborando un plan individualizado en sintonía coas necesidades que presente a propia persoa. E, en segundo lugar, comprendendo a problemática que sofre o/a usuario/a para así fomentar a mellora da súa calidade de vida e a do seu entorno familiar.

O noso método

Dende unha perspectiva integral, o modelo de intervención levado a cabo en VIDA baséase no traballo multidisciplinar e en rede, apostando polo deseño de plans individualizados, seguidos de actuacións e avaliacións das accións profesionais. 

Isto pode ser entendido como un cambio de perspectiva: a persoa é o centro e a protagonista na construción do seu quefacer diario, respectando así a singularidade de cada un/unha dos usuarios/as de VIDA.

Séguenos en Instagram