01
Acollida e valoración integral
Unha vez decides formar parte do noso centro, existe un programa de acollida e adaptación ao mesmo no que tratamos de recompilar toda a información pertinente aportada directamente polo usuario/a e o seu/a súa coidador/a principal, a fin de establecer o procedemento máis axeitado de cara á intervención por parte do equipo profesional.
02
Control de saúde periódico
Lévase a cabo un control periódico de peso, revisión da integridade cutánea, tensión arterial, niveis de glucosa en sangue… co fin de recoñecer e identificar calquera cambio que nos axude a actuar de xeito preventivo ante posibles problemas de saúde.
03
Servizo de fisioterapia
O centro conta con servizo de fisioterapia que tras entrevistar e explorar ao usuario/a determina cal é a mellor actuación a realizar, tanto de xeito individual como en grupo.
04
Ximnasia adaptada e estimulación psicomotriz
Elabórase un programa diario de exercicio físico adaptado consistente en activar o sistema nervioso central e realizar mobilizacións activas. Os beneficios que reporta esta actividade son moi numerosos, tanto para o sistema cardiovascular, músculo-esquelético coma endocrino. Ademais, lévanse a cabo un conxunto de actividades cuxo obxectivo é mellorar ou manter as facultades motoras e cognitivas que preserva cada persoa afín de mellorar a coordinación, lateralidade, equilibrio e esquema corporal.
05
Servizo de psicoloxía
Acontecementos coma os trastornos médicos crónicos e debilitantes, a perda de amigos e seres queridos, a incapacidade para participar nalgunha das actividades que antes sí desfrutaba, son algún dos factores que poden resultar unha carga pesada no benestar emocional da persoa. En VIDA, o departamento de Psicoloxía realiza unha valoración exhaustiva aos usuarios/as do centro para intervir, posteriormente, nos procesos que afecten a súa saúde psicolóxica, na autoestima e na capacidade de sentirse útiles.
06
Servizo de estimulación cognitiva
Os talleres de estimulación cognitiva realizados aos usuarios/as de VIDA están dirixidos a estimular e manter as capacidades cognitivas dos/as mesmos/as. Deste xeito, o que pretendemos é fomentar o enlentecemento da progresión das diferentes patoloxías así como previr o deterioro funcional, fomentando a autonomía persoal nas actividades da vida diaria e en definitiva, mellorando a súa calidade de vida.
07
Ocioterapia
En VIDA poñemos en práctica as mellores alternativas no tempo de ocio que nos permitan mellorar a saúde física e psíquica dende un enfoque lúdico. Buscamos potenciar a autonomía nos/nas nosos/as usuarios/as ademais de fomentar o sentimento de utilidade nos/nas mesmos/as.
08
Servizo de podoloxía
09
Integración social e comunitaria
Dende o centro, queremos ser partícipes da vida comunitaria, e para iso, levamos a cabo proxectos específicos que traten de poñer en relación aos usuarios/as de VIDA cos diferentes recursos e equipamentos da comunidade. Búscase, en definitiva, traballar pola normalización e inclusión social do colectivo co que estamos a traballar. Isto é, a nivel cultural, social, deportivo, turístico, formativo/educativo e de recreación.
10
Acompañamento, orientación e apoio familiar
Dende este servizo o que perseguimos é proporcionar ás familias apoio e formación básica para conseguir que o comportamento familiar sexa sano, eficaz, enriquecedor e creativo. Proporciónanse espazos de reflexión conxunta que nos axuden a entender os coidados dende unha perspectiva positiva. Queremos ser unha ferramenta útil para solventar as dubidas e medos que as familias sofren cando se enfrentan o coidado dunha persoa dependente.
11
Asesoramento en productos de apoio
O obxectivo deste programa é mellorar a calidade de vida e fomentar a autonomía dos usuarios/as do centro a través da utilización de instrumentos externos que simplifiquen as actividades da vida diaria, tanto básicas coma instrumentais.